La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Festival

O festival Miúdo Fest regresa a Mos con música, espectáculos e actividades para escolares

O día grande é este venres 17 de maio, cos Jalochos, o concerto PunkInfantil de Peter Punk e Brais das Hortas, e O Sonoro Maxín

Magin Blanco.

O Miúdo Fest, organizado pola Comunidade de Montes de Tameiga, regresa este ano con moitas novidades: os mellores espectáculos infantís, actividades para escolares de Mos e unha colaboración solidaria coa asociación Bicos de Papel, de axuda a nenos e familias de pacientes oncolóxicos.

“O festival para persoas de mediana estatura” arranca este xoves 16, cunha actuación de Magín Blanco ás 19 horas, na sala Rebullón. Este artista destaca pola súa calidade musical e a fermosura das súas letras, que prestan especial atención aos valores da liberdade, a solidariedade e a ledicia. No Miúdo ofrecerá un espectáculo interactivo coa rapazada no que o divertimento está asegurado.

O día grande do Miúdo Fest será este venres, 17 de maio. O centro sociocultural As Pedriñas acollerá concertos e espectáculos infantís durante toda a tarde. E por se o tempo non acompaña, a organización conta cunha carpa de gran tamaño para que ninguén se perda a festa.

Os Jalochos actuarán ás 17:00 horas, un espectáculo musical interactivo que procura fomentar entre a rapazada o uso da lingua galega dunha forma lúdica. Os Jalochos proporán ao público unha viaxe musical pola natureza de Galicia en busca da festa –no Miúdo, con algo máis próximo que vai sorprender–, dunha forma participativa, mediante xogos baseados en conceptos musicais coma o tempo e o ritmo, por exemplo, así como a percusión corporal, o baile e a lingua de signos. E ás 20 horas, O Sonoro Maxín porá o punto e final á xornada do 17 de maio nas Pedriñas. Desde o seu nacemento no 2007, o grupo percorreu toda a xeografía galega con máis de 150 concertos, compartindo escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone. No Miúdo Fest presentarán o seu novo directo, “A primavera ten que ser nosa”, diferentes estilos musicais como a cumbia, o forró, o merengue e o rock, inventando as cancións da Galicia tropical.

Ás 18:30 horas, dúas caras ben coñecidas para a cativada: Peter Punk e Brais das Hortas ofrecerán o seu concerto PunkInfantil. Non só é música, os artistas alternan o seu directo con toques de circo, malabres, humor e clown. E cal e o argumento? Un cantante punk e outro infantil, condeados a compartir escenario, acaban creando un delirante espectáculo, moi divertido, un espazo común para todos os públicos.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00